Xuño 30th, 2008
Diario Ya, The return.
O diario Ya reaparece logo de 12 anos fora de cobertura, pero esta vez só será posible grazas a Internet (benditas árbores que o agradecerán).
Archive for Xuño, 2008
Xuño 30th, 2008
O diario Ya reaparece logo de 12 anos fora de cobertura, pero esta vez só será posible grazas a Internet (benditas árbores que o agradecerán).
Xuño 28th, 2008
A XX cata dos viños de Galicia distingue a “Quinta do Buble” e “Joaquín Rebolledo Barrica 2006” como mellores viños galegos do ano
Os viños “Quinta do Buble”, da D.O. Monterrei e “Joaquín Rebolledo Barrica 2006” , da D.O. Valdeorras, resultaron premiados como os Mellores Viños de Galicia 2008, nas categorías de branco e tinto respectivamente, polo panel de expertos que durante tres días analizaron as 223 marcas que participaron na XX Cata dos Viños de Galicia. No tocante ás augardentes, “Pazo de Señoráns” recibiu o Pote de Ouro na X Cata das Augardentes, á que concorreron neste caso un total de 26 marcas, pertencentes a 25 adegas.
Xuño 27th, 2008
O tes na casa e non o sabes!!
Imaxina por un momento un limpador universal perfecto. Un que coida toda a túa roupa, a túa vaixela e ata a túa hixiene persoal( os xinecologos o recomendan) .
Unha deterxente altamente eficaz, 100% ecolóxico e sostible, un desinfectante clinicamente recomendable, o mellor produto para a zona íntima e as afeccións da pel. Substitúe á maioría dos champús, cura as túas feridas, elimina ata a graxa do teu forno e é un gran insecticida para as túas plantas. Por un euro dúrache varios meses. |
O Xabón Lagarto, o xabón natural de toda a vida.
sacado do meneame.
Xuño 27th, 2008
Denuncian a existencia de máis verteduras nos ríos betanceiros
A desembocadura do Callou, en Miodelo, é outro dos puntos de denuncia frecuente de Betanzos
A decisión da Asociación para a Defensa dá Ría de Betanzos de acudir ao Ministerio Fiscal para tratar de aclarar as circunstancias en que se produciu a última vertedura ao Mendo reabriu o debate sobre a situación das canles. O Xanocas asegura que hai máis casos.
Xuño 27th, 2008
CxB puntualiza que a iniciativa para organizar campamentos partiu do seu grupo
Conciliar a vida laboral e familiar coincidindo coas vacacións escolares é o principal obxectivo da oferta de actividades estivais presentada a semana pasada polo Concello de Betanzos. Por primeira vez, o goberno municipal organiza, durante o mes de xullo, varios campamentos para nenos de entre 4 e 16 anos de idade. En total, case trescentas prazas (280).
Uns días despois do anuncio da casa do concello, Cidadáns por Betanzos emitiu un comunicado para aclarar que se trata dunha iniciativa “promovida polo noso grupo”, posto que foron os edís independentes quen, o pasado abril elevaron a pleno unha moción sobre esta cuestión.
E digo eu, que mais da total nos xornais saiu que foi do Concello de Betanzos.
Xuño 20th, 2008
Pois me apuntei a un concurso de SEO a sabendas de que non podo atendelo, xusto agora que certas obrigas me reclaman e chega a época estival que con ela as vacacións dos nenos, o concurso vai obter a mellor posición en Google por unha palabra, neste caso trátase de eurodipity , para iso me collín un nada desprezable blog en wordpress e metín uns textos dos mesmos organizadores en alemán, suponse que hai que falar do marabilloso das terras valencianas, o seu turismo, as súas praias e da propia cadea hoteleira, ( Magic Costa Branca) por aquilo de non espamear o Index, en fin posto en coñecemento un pouco de que vai a cousa paso describir como vou no meu primeiro día.