Blog Action Day
Hoxe é o Blog Action Day, e vostedes preguntaranse, que é iso? pois un esforzo para animar aos blogguer a discutir e escribir sobre o medio ambiente, a miña pequena constribución.
Exemplos de deberían ser de obrigado cumprimento en todas as cidades do mundo.
En xaneiro deste ano as autoridades de Paris apagaron as luces da Tower Eiffel por espazo de 5 minutos como parte da campaña ?Five Minutes of Respite for the Planet ?para salvar enerxía e de chamar a atención sobre o estado do planeta.
Previamente a o sistema da torre foi cambiado para poder salvar ata un 30% de enerxía segundo anunciaron no seu momento os administradores da Torre.
Anteriormente cidades como Roma e Milán e outras cidades de Italia prohibiron por un día circular vehículos de motor polas súas cidades para reducir a contaminación.
Só se permitiu aos seus cidadáns circular en bicicleta, moverse en transporte público ou camiñar e non permitiron ningunha excepción a pesar de que era domingo e había partidos de fútbol.
Esta experiencia, segundo as autoridades, será postas outra vez en marcha noutras cidades italianas este inverno.
Moita das nosas cidades seguen malgastando o erario público en meterlle lámpadas a todo o que poida impresionar sen parase a pensar que da certas horas ninguén as ve e usando lámpadas enerxéticas salvarían diñeiro e reducirían a contaminación.
E os Casco Antigo, libres de coches e sen excepción.
Ah ,e un chamamento a todos os empresario a investir cada vez máis na mercadotecnia online para mostrar os seus produtos e investir menos en recursos de publicidade que requiran que se talén arboles.
Cada ano destrúense superficies de arboles similares ao tamaño de Grecia.















No Comments, Comment or Ping
Reply to “Blog Action Day”